Os concellos de Cerdido, Cariño, Mañón e Ortigueira únense contra a violencia de xénero na campaña comarcal “Estaca de Bares, de faro a faro contra as violencias machistas”
As catro administracións municipais propoñen unha campaña transversal inspirada no territorio, que pon o foco nas múltiples formas da violencia de xénero e que se visibilizará ao longo do mes de novembro a través dun ciclo de conferencias e dunha marcha veciñal a pé contra as violencias machistas convocada para o 24 de novembro, entre outras accións.