Noticias

Inicio   Noticias
11-05-2026

17 MAIO - DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Programación cultural para celebrar as letras galegas 2026

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas para homenaxear a literatura e a língua galegas, conmemorando a publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro en 1863, obra que marcou o inicio do "Rexurdimento". Cada ano, a Real Academia Galega dedica ese día a unha persoa ou colectivo concreto, sendo este 2026 na homenaxeada a autora, periodista e activista Begoña Caamaño (Vigo, 1964 – Santiago de Compostela, 2014). 
O Concello de Mañón, a través do departamento de cultura composto pola Biblioteca Pública Municipal do Barqueiro-Mañón e a Animación Sociocultural, ofrece unha ampla programación para celebrar esta data tan importante na cultura de Galicia con propostas moi variadas: 
*EXPOSICIÓN*. A partir do luns 11 maio, exposición sobre a vida e obra de Begoña Caamaño na sala de actividades da biblioteca municipal. 
*DOCUMENTAL* "Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul", película documental da RAG. Centro Sociocomunitario. Venres 15 maio ás 19:00 h. Entrada libre e de balde.
 *TEATRO* O alumnado de oratoria de 4º ESO do IES Ortigueira representará a obra escrita por eles "A consulta da doutora Matasanos" ao alumando do CEIP Francisco López Estrada e ao público xeral o venres 22 maio ás 12:00 h na biblioteca municipal.
 *PRESENTACIÓN DUN LIBRO* O autor galego Xosé María Ferro Formoso presentará o seu segundo libro "Oblea" o venres 22 maio ás 19:00 h na biblioteca municipal. Agardamos que a programación proposta sexa do voso interese e convidámosvos a asistir a todas as actividades que son con entrada libre e de balde. 
Por suposto, animámosvos a ler en galego, non só lecturas clásicas senón tamén libros actuais, que son moitos e moi bos! Feliz e longa vida ás letras galegas!
23-04-2026

MAPA "A MEMORIA DA AUGA. FONTES E LAVADOIROS NO CONCELLO DE MAÑÓN"

Mapa "A memoria da auga, fontes e lavadoiros no concello de Mañón"
O mapa "A memoria da auga" é un documento gráfico que recolle parte do traballo realizado desde 2024 no marco do proxecto "A memoria da auga contada por mulleres" que foi posible grazas ao traballo da área de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Mañón e ao apoio de AFA Viveiro e Deputación da Coruña. Está editado por Uqui Permui.  Os mapas están dispoñibles nas oficinas municipais e na bilbioteca en tres idiomas: galego, castelán e inglés. Este mapa, ademais de textos e imaxes, recolle unha mostra das fontes e lavadoiros do municipio; é un documento vivo que pode seguir medrando, tamén coa túa axuda, e ser empregado como material didáctico e como recurso turístico. Se queres achegarnos unha localización só tes que poñerte en contacto no 681 14 70 29 ou en igualdade@manon.es. Premendo en VER + tedes as ligazóns aos materiais audiovisuais do día da presentación do mapa das fontes e lavadoiros do Concello de Mañón así como do mapa. 
23-04-2026

OFERTAS DE EMPREGO

CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE CINCO PRAZAS DE PEÓN PARA A ACTUACIÓN “BRIGADA DE PROTECCIÓN DE MEDIO AMBIENTE

CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE CINCO PRAZAS DE PEÓN PARA A ACTUACIÓN “BRIGADA DE PROTECCIÓN DE MEDIO AMBIENTE E ESPAZO NATURAL” (Fondo de Compensación Ambiental, liña non competitiva. Anualidade 2026) (EXPEDIENTE 2026/E001/000003) 
Tedes toda a info premendo na ligazón da sede electrónica de Mañón e as bases da convocatoria así como os anexos a entregar en VER +
10-04-2026

OFERTA DE EMPREGO

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUNHA PRAZA DE CONDUCTOR/A OPERARIO/A MAQUINARIA   (2026/E001/000001).

No taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Mañón está publicada a CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUNHA PRAZA DE CONDUCTOR/A OPERARIO/A MAQUINARIA (2026/E001/000001).

Na ligazón tedes a información coas bases reguladoras e os anexos de instancia e declaracións 
https://sede.manon.es/sxc/gl/informacion/tablon/2026/ANUNCIO_PROG_20260409203000035.html 
08-04-2026

A MEMORIA DA AUGA

08-04-2026

II FEIRA DA PRIMAVERA 2026

10-03-2026

A MEMORIA DAS MULLERES CONSTRÚE FUTURO. 8M EN MAÑÓN

A MEMORIA DAS MULLERES CONSTRÚE FUTURO #8M 
 
O Concello de Mañón conmemora o 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, cunha campaña que leva por lema “A memoria das mulleres constrúe futuro”, unha proposta que pon en valor o legado, os saberes e as experiencias das mulleres como piares imprescindibles para construír unha sociedade máis xusta, igualitaria e sostible. O lema escollido para este 2026 conecta directamente coas iniciativas que se están a desenvolver no municipio desde o pasado mes de febreiro, nas que a recuperación da memoria colectiva e dos coñecementos tradicionais ocupa un lugar central. Trátase de recoñecer o papel fundamental das mulleres na transmisión da cultura, na conservación do territorio e na creación de redes comunitarias que sosteñen a vida. 
 
Consulta o programa para coñecer todo o contido!! Agardamos a túa participación!
 
Preme en ver máis para consultar toda a programación 
10-03-2026

BANDO CORTES DE AUGA NA PARROQUIA DE MAÑÓN

24-02-2026

VISITA AO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

10-03-2026

PABLÍSIMO ACTÚA NO COLE